Crear entradas de axenda
Seleccione >
Axenda
.
Pode crear os seguintes tipos de entradas
de axenda:
•
As entradas de encontros lémbranlle
os acontecementos que teñen lugar
nunha data e hora determinadas.
•
As solicitudes de encontro son
invitacións que pode enviar aos
participantes. Antes de poder crear
solicitudes de encontro debe ter unha
caixa do correo compatible
configurada no dispositivo.
•
As entradas de memorando son para
acontecementos relativos ao día sen
especificar a hora.
Xestión do tempo 39
© 2010 Nokia. Todos os dereitos reservados.
•
As entradas de aniversario lémbranlle
os aniversarios e as datas especiais.
Refírense a un día determinado pero
non a unha hora concreta do día. As
entradas de aniversario repítense
todos os anos.
•
As entradas de tarefas lémbranlle
unha tarefa que debe facerse antes
dunha data determinada pero non a
unha hora concreta do día.
Para crear unha entrada de axenda,
seleccione a data,
Opcións
>
Nova
entrada
e o tipo de entrada.
Para axustar a prioridade das entradas de
encontro, seleccione
Opcións
>
Prioridade
.
Para definir como tratar a entrada durante
a sincronización, seleccione
Privados
para ocultar a entrada aos visitantes se a
axenda está dispoñible en liña,
Públicos
para facer a entrada visible aos visitantes
ou
Ningún
para non copiar a entrada no
ordenador.
Para enviar a entrada a un dispositivo
compatible, seleccione
Opcións
>
Enviar
.
Para solicitar un encontro dunha entrada
de encontro, seleccione
Opcións
>
Engadir participantes
.