
Perfís
.
22 Personalización
© 2010 Nokia. Todos os dereitos reservados.

Pode axustar e personalizar as sinais de
chamada, os tons de aviso e outros tons
do dispositivo para distintos eventos,
contornos ou grupos de persoas que
chaman. O perfil activo amósase na parte
superior da pantalla de inicio. Se o perfil
activo é Xeral só amosarase a data de
hoxe.
Para crear un novo perfil, seleccione
Opcións
>
Crear novo
e defina os
axustes.
Para personalizar un perfil, seleccione un
e
Opcións
>
Personalizar
.
Para cambiar un perfil, seleccione un e
Opcións
>
Activar
.O perfil Desconectado
evita que, de forma accidental, o
dispositivo se acenda, envíe ou reciba
mensaxes ou use a conectividade
Bluetooth ou a radio FM; tamén pecha as
conexións da Internet que poden estar
operativas ao seleccionar o perfil. O perfil
Desconectado non evita que estableza
unha conexión Bluetooth máis tarde ou
reiniciar a radio FM, polo que cumpre cos
requisitos de seguridade aplicables ao
establecer ou usar estas funcións.
Para facer que o perfil estea activo ata
unha hora determinada nas vindeiras 24
horas, desprácese ao perfil, seleccione
Opcións
>
Temporizado
e fixe a hora.
Cando se supere a hora establecida, o
perfil cambiará de novo ao perfil sen
límite de tempo activado anteriormente.
Cando se programa un perfil, amósase
na pantalla de inicio. O perfil Fóra de liña
non se pode programar.
Para eliminar un perfil creado por vostede,
seleccione
Opcións
>
Borrar perfil
. Non
se poden eliminar os perfís predefinidos.