Indicadores da pantalla
O dispositivo estase a utilizar nunha
rede UMTS ou GSM (servizo de rede).
A barra a carón da icona indica a
forza do sinal da rede no lugar no
que se atopa. Canto máis alta sexa
a barra, máis potente será o sinal.
O acceso para a descarga de datos
por paquetes a alta velocidade
(HSDPA) / acceso a paquetes de
datos de alta velocidade (HSUPA)
(servizo de rede) na rede UMTS está
activado.
O dispositivo está a empregar o
perfil Desconectado e non está
conectado a unha rede celular.
O nivel de carga da batería. Canto
máis alta sexa a barra, máis carga
terá a batería.
Ten mensaxes sen ler no cartafol da
Caixa de entrada en Mensaxería.
Recibiu un novo correo na caixa de
correo remota.
Hai mensaxes en espera de ser
enviadas no cartafol Caixa de saída
en Mensaxería.
Ten chamadas perdidas.
O teclado do dispositivo está
bloqueado.
Hai unha alarma activa.
O perfil Silencio está activado e o
dispositivo non soa cando hai
chamadas entrantes ou mensaxes.
A conectividade Bluetooth está
activada.
Hai unha conexión Bluetooth
establecida. Cando o indicador
pestanexa, significa que o
dispositivo está intentando
conectarse con outro dispositivo.
Hai unha conexión de paquetes de
datos GPRS dispoñible (servizo de
rede). indica que a conexión está
activa. indica que a conexión está
en espera.
Hai unha conexión de paquetes de
datos EGPRS dispoñible (servizo de
rede). indica que a conexión está
activa. indica que a conexión está
en espera.
Hai unha conexión de paquetes de
datos UMTS dispoñible (servizo de
rede). indica que a conexión está
activa. indica que a conexión está
en espera.
O dispositivo 13
© 2010 Nokia. Todos os dereitos reservados.
A tecnoloxía HSDPA/HSUPA é
admitida e está dispoñible (servizo
de rede). A icona pode variar
segundo as rexións. indica que a
conexión está activa. indica que
a conexión está en espera.
O seu dispositivo está conectado a
un ordenador mediante un cable
USB.
A segunda liña do teléfono está en
uso (servizo de rede).
Todas as chamadas son desviadas a
outro número. Se ten dúas liñas de
teléfono, un número indicará a liña
que se atopa activa.
Hai uns auriculares ou un audiófono
conectados ao dispositivo.
Hai un kit de mans libres para coche
conectado ao dispositivo.
Hai un DTS conectado ao
dispositivo.
O dispositivo está sincronizándose.
É posible que tamén aparezan outros
indicadores.