Escribir e enviar mensaxes
Seleccione >
Mensaxería
.
Importante: Teña precaución ao abrir as
mensaxes, xa que é posible que conteñan
software nocivo ou daniño para o
dispositivo ou o ordenador.
Antes de crear unha mensaxe multimedia
ou de escribir un correo electrónico debe
ter os axustes de conexión correctos.
É posible que a rede sen fíos limite o
tamaño das mensaxes MMS. Se a imaxe
inserida excede este límite, o dispositivo
pode reducila para que se poida enviar por
MMS.
Consulte o límite de tamaño das mensaxes
de correo electrónico co seu fornecedor de
servizos. Se tenta enviar unha mensaxe de
correo electrónico que supere o límite de
tamaño do servidor de correo electrónico,
a mensaxe quedará no cartafol Caixa de
saída e o dispositivo intentará enviala
periodicamente. Para enviar un correo
electrónico cómpre dispoñer dunha
conexión de datos e os intentos repetidos
de reenviar correos electrónicos poden
aumentar os seus custos de transferencia
de datos. No cartafol Caixa de saída, pode
borrar dita mensaxe ou movela ao cartafol
Borradores.
1 Seleccione
Nova mensaxe
>
Mensaxe
para enviar unha mensaxe
de texto ou multimedia (MMS),
Mensaxe audio
para enviar unha
mensaxe multimedia que inclúa un
clip de son ou
Correo
para enviar
unha mensaxe de correo electrónico.
2 No campo Para, prema a tecla de
desprazamento para seleccionar os
destinatarios ou os grupos da lista de
contactos ou introduza o número ou
o enderezo de correo electrónico dos
destinatarios. Para engadir un punto
e coma (;) coa fin de separar os
destinatarios, prema *. Tamén pode
copiar e pegar o número ou o
enderezo do portapapeis.
3 Introduza o tema do correo
electrónico no campo de tema. Para
cambiar os campos visibles,
seleccione
Opcións
>
Campos de
enderezo
.
4 Escriba a mensaxe no campo de
mensaxe. Para inserir un modelo ou
unha nota, seleccione
Opcións
>
Inserir contidos
>
Inserir texto
>
Modelo
ou
Nota
.
5 Para engadir un ficheiro multimedia a
unha mensaxe multimedia,
seleccione
Opcións
>
Inserir
contidos
, o tipo de ficheiro ou o
directorio onde se encontra e
seleccione o ficheiro que queira. Para
inserir unha tarxeta de visita, unha
diapositiva, unha nota ou calquera
outro ficheiro na mensaxe, seleccione
Opcións
>
Inserir contidos
>
Inserir outros
.
6 Para facer unha foto ou gravar un
vídeo ou un clip de son para unha
mensaxe multimedia, seleccione
Opcións
>
Inserir contidos
>
Inserir imaxe
>
Nova
,
Inserir
videoclip
>
Novo
ou
Inserir clip de
son
>
Novo
.
30 Mensaxería
© 2010 Nokia. Todos os dereitos reservados.
7 Para inserir un engadido ao correo
electrónico, seleccione
Opcións
e o
tipo de ficheiro que quere achegar. Os
engadidos do correo electrónico
indícanse con .
8 Para enviar a mensaxe, seleccione
Opcións
>
Enviar
ou prema a tecla
Chamar.
Nota: O texto ou a icona de mensaxe
enviada que aparece na pantalla do
dispositivo non indican se se recibiu a
mensaxe no destino desexado.
O dispositivo admite mensaxes de texto
de lonxitude superior ao límite para as
mensaxes simples. As mensaxes que
superan ese límite envíanse coma dúas ou
máis mensaxes. O seu fornecedor de
servizos aplicará unha tarifa
correspondente ao número de mensaxes
enviadas. Os caracteres con acentos e
outros signos de puntuación, ou algúns
idiomas ocupan máis espazo e limitan o
número de caracteres que é posible enviar
nunha mensaxe.
É posible que non poida enviar videoclips
gardados no formato de ficheiro MP4 nin
se exceden o límite de tamaño da rede sen
fíos nunha mensaxe multimedia.