Configurar o correo electrónico
Co asistente de correo electrónico, pode
configurar a súa conta de correo
corporativa, por exemplo Microsoft
Outlook ou Mail for Exchange e a súa conta
de correo na Internet.
Cando configura o seu correo corporativo,
é posible que lle pidan o nome do servidor
asociado co seu enderezo de correo
electrónico. Para obter máis información,
póñase en contacto co departamento de
TI da súa empresa.
1 Para abrir o asistente, na pantalla de
inicio, seleccione
Configurar o
correo
.
2 Introduza o seu enderezo de correo
electrónico e o contrasinal. Se o
asistente non pode configurar
automaticamente os axustes de
correo, terá que seleccionar o tipo de
conta e introducir os axustes de conta
relacionados.
Se o seu dispositivo contén clientes de
correo adicionais, aparecerán cando abra
o asistente.