Mensaxería
Seleccione >
Mensaxería
.
En Mensaxería (servizo de rede), pode
enviar e recibir mensaxes de texto,
multimedia, de son e de correo
electrónico. Tamén pode enviar
comandos de servizos ou recibir
mensaxes de servizos web, mensaxes de
información de cela e mensaxes especiais
de datos.
Os tipos de mensaxes dispoñibles poden
variar. Para obter máis información,
contacte co seu provedor de servizos.
Pode que antes de enviar ou recibir
mensaxes, teña que facer o seguinte:
•
Inserir unha tarxeta SIM válida no
dispositivo e estar situado dentro
dunha zona de cobertura.
•
Verificar que a rede admite as
funcións de mensaxería que desexa
empregar e que esas funcións están
activadas na tarxeta SIM.
•
Definir no dispositivo os axustes do
punto de acceso á Internet.
•
Definir no dispositivo os axustes da
conta de correo.
•
Definir no dispositivo os axustes das
mensaxes de texto.
•
Definir no dispositivo os axustes das
mensaxes multimedia.
É posible que o dispositivo recoñeza ao
fornecedor da tarxeta SIM e configure
automaticamente algúns dos axustes
para as mensaxes. Se non, quizais necesite
definir os axustes manualmente; tamén
pode poñerse en contacto co seu
fornecedor de servizos para configurar os
axustes.
Mensaxería 29
© 2010 Nokia. Todos os dereitos reservados.
É posible que a aparencia das mensaxes
varíe en función do dispositivo de
recepción.
Só os dispositivos que dispoñen de
funcións compatibles poden recibir e
visualizar mensaxes multimedia. É posible
que a aparencia das mensaxes varíe en
función do dispositivo de recepción.