Cargar a batería
A batería ven cargada parcialmente de
fábrica. Se o dispositivo indica que o nivel
de carga da batería é baixo, faga o
seguinte:
1 Conecte o cargador a unha toma da
parede.
2 Conecte o cargador ao dispositivo.
3 Cando a batería se atope
completamente cargada, desconecte
o cargador do dispositivo e, a
continuación, da toma da parede.
Non é preciso cargar a batería durante un
período de tempo específico e é posible
utilizar o dispositivo mentres se está a
cargar. Se a batería está completamente
descargada, é posible que teña que
esperar varios minutos para poder
efectuar chamadas e para poder visualizar
o indicador de carga na pantalla.
Suxestión: Se ten algún cargador Nokia
vello compatible pode empregalo co seu
dispositivo mediante o adaptador CA-44
para cargadores. O adaptador véndese por
separado.
Carga por USB
É posible utilizar a carga por USB cando
non estea dispoñible unha toma da
parede. Cargar o dispositivo co cable de
datos USB leva máis tempo. A eficacia da
carga mediante USB varía
significativamente. Nalgúns casos, é
posible que a carga tarde moito tempo en
iniciarse e que o dispositivo tarde moito
tempo en comezar a funcionar.
Coa carga por USB, tamén é posible
transferir datos mediante o cable de datos
USB mentres carga o dispositivo.
1 Conecte un dispositivo USB
compatible ao seu dispositivo
mediante un cable de datos USB
compatible.
En función do tipo de dispositivo que
se empregue para efectuar a carga, é
posible que a carga tarde uns intres
en iniciarse.
2 Ao acender o dispositivo, seleccione
unha das opcións dispoñibles do
modo USB na pantalla do dispositivo.
Introdución
9
© 2010 Nokia. Todos os dereitos reservados.