
Axustes de configuración
Para poder usar a mensaxería multimedia,
o correo electrónico, a sincronización, o
streaming e o explorador, primeiro debe
configurar correctamente os axustes no
seu dispositivo. O seu dispositivo pode
configurar automaticamente o
explorador, a mensaxería multimedia, o
punto de acceso e os axustes de streaming
segundo a tarxeta SIM empregada. Se non,
pode utilizar o Asistente de axustes para
configurar os axustes. É posible recibir os
axustes en forma de mensaxe de
configuración que poderá gardar no seu
dispositivo. Para obter máis información
sobre a dispoñibilidade, contacte co seu
fornecedor de servizos ou co distribuidor
Nokia autorizado máis próximo.
Cando recibe unha mensaxe de
configuración e os axustes non se gardan
e activan automaticamente, en pantalla
aparece
1 mensaxe nova
. Para gardar os
axustes, seleccione
Amosar
>
Opcións
>
Gardar
. É posible que sexa necesario
introducir un código PIN subministrado
polo fornecedor de servizos.