Entorno operativo
Este dispositivo cumpre coas directrices de exposición a
radiofrecuencia cando se emprega na posición normal de uso
no oído ou cando se coloca polo menos a unha distancia de
Información do produto e de seguridade 55
© 2010 Nokia. Todos os dereitos reservados.
1,5 centímetros (5/8 polgadas) do corpo. Se se utiliza unha
funda de transporte, unha pinza para o cinto ou un soporte
para utilizar o produto pegado ao corpo, estes non deberán
conter ningunha peza de metal e deberá colocar o dispositivo
á distancia indicada anteriormente.
Para enviar ficheiros de datos ou mensaxes, cómpre dispoñer
dunha conexión de calidade á rede. É posible que o envío de
ficheiros de datos ou mensaxes se retrase ata que se atope
dispoñible a mencionada conexión. Respecte as instrucións
sobre a distancia de separación ata completar a transmisión.