aos residuos domésticos.
Fugas. Non desmonte, corte, abra, esmague, dobre, perfore
nin triture as pilas nin as baterías. No caso de que se produza
unha fuga na batería, evite que o líquido da batería entre en
contacto coa pel ou os ollos. Se isto sucede, lave as zonas
afectadas inmediatamente con auga ou acuda a un médico.
Danos. Non modifique, reconstrúa nin intente inserir
obxectos estraños na batería, nin a expoña ou somerxa en
auga ou outros líquidos. As baterías poden explotar se están
danadas.
Uso correcto. Utilice a batería unicamente para o uso para o
que foi deseñada. O uso non axeitado da batería pode
provocar un incendio, unha explosión e outros perigos. Se
deixa caer o dispositivo ou a batería, especialmente sobre
unha superficie dura, e cree que a batería puido quedar
danada, envíea a un centro de servizo técnico para revisala
antes de continuar utilizándoa. Nunca utilice cargadores nin
baterías danadas. Manteña a batería fóra do alcance dos
nenos.
54 Información do produto e de seguridade
© 2010 Nokia. Todos os dereitos reservados.