
o cargador antes de extraer a batería.
Carga axeitada. Desconecte o cargador da toma de corrente
e do dispositivo cando non o utilice. Non deixe unha batería
completamente cargada conectada a un cargador, xa que o
exceso de carga pode reducir a súa vida útil. Se non se utilizan,
as baterías cargadas perden a súa carga co paso do tempo.
Evite someter o dispositivo a temperaturas extremas. Intente
manter sempre a batería a unha temperatura comprendida
entre os 15ºC e os 25ºC. A exposición da batería a
temperaturas extremas reduce a capacidade e a vida útil da
mesma. É posible que o dispositivo non funcione
temporalmente se a batería está fría ou quente. O
rendemento da batería é especialmente limitado a
temperaturas situadas por debaixo de 0ºC.
Non provoque curtocircuítos. É posible que se produzan
curtocircuítos accidentais se un obxecto metálico, coma unha
moeda, un clip ou un bolígrafo provoca un contacto directo
dos terminais positivo (+) e negativo (-) da batería. (Os
terminais teñen o aspecto de tiras metálicas na batería). Isto
pode ocorrer, por exemplo, cando transporta unha batería de
reposto no peto ou no bolso. Os curtocircuítos nos terminais
poden danar a batería ou o obxecto que realiza o contacto.
Como desfacerse da unidade. Non bote as baterías ao lume,
xa que poderían explotar. Respecte as normativas locais no
momento de desfacerse das baterías. Recicle as baterías
cando sexa posible. Non as deposite en lugares destinados