
Información sobre a batería e o cargador
O dispositivo funciona cunha batería recargable. A batería
deseñada para utilizarse co dispositivo é a BL-4CT. Nokia pode
fabricar modelos de batería adicionais para este dispositivo.
O dispositivo está deseñado para utilizarse cos seguintes
Suxestións para respectar o medio ambiente 53
© 2010 Nokia. Todos os dereitos reservados.

cargadores: AC-8. O número exacto do modelo do cargador
pode variar dependendo do tipo de enchufe. O tipo de
enchufe pode ser un dos seguintes: E, EB, X, AR, U, A, C, K, ou
UB.
A batería pode cargarse e descargarse centos de veces, pero
finalmente, desgástase. Cando a duración da batería no modo
de espera e durante as conversas telefónicas se reduza
considerablemente, substitúaa. Utilice unicamente baterías
autorizadas por Nokia e recárgueas unicamente con
cargadores autorizados por Nokia deseñados para utilizarse
con este dispositivo.
Se utiliza unha batería por primeira vez ou se esta non se
utiliza dende hai moito tempo, é posible que sexa necesario
conectar o cargador, desconectalo e volvelo conectar para
comezar a cargar a batería. Se a batería está completamente
descargada, é posible que teña que esperar varios minutos
para poder efectuar chamadas e para poder visualizar o
indicador de carga na pantalla.
Extracción segura. Apague sempre o dispositivo e desconecte