
Marcado por voz
Efectúe chamadas de voz pronunciando o
nome que se atopa gardado na lista de
contactos.
Nota: A utilización de etiquetas de voz
pode resultar difícil en contornos con
ruído ou durante unha emerxencia, polo
tanto, non debe confiar unicamente na
marcaxe por voz en todas as
circunstancias.
1 Na pantalla de inicio, manteña
premida a tecla de selección dereita.
Escoitarase un ton breve e na pantalla
aparecerá
Fale agora
.
2 Pronuncie o nome do contacto que
desexe marcar. Se o recoñecemento
de voz se efectúa correctamente,
amosarase unha lista coas
coincidencias propostas. O teléfono
reproducirá o comando de voz do
primeiro resultado que apareza na
lista. Se o comando non é o correcto,
desprácese a outra entrada.