Axustes de chamada
Axustes de chamada
Seleccione >
Axustes
>
Axustes
e
Teléfono
>
Chamadas
.
Seleccione unha das opcións seguintes:
Envío do número propio — Para amosar
o seu número de teléfono á persoa á que
está a chamar.
Chamada en espera — Para que o
dispositivo lle avise de chamadas
entrantes mentres estea ocupado noutra
chamada (servizo de rede).
Rexeitar chamada mens. — Permite
enviar unha mensaxe de texto cando
rexeita unha chamada na que se informa
ao emisor da chamada de por que non
puido responder a esta.
Texto da mensaxe — Permite escribir a
mensaxe de texto estándar que se enviará
ao rexeitar unha chamada.
Vídeo propio á cham. ent. — Para
permitir ou rexeitar o envío de vídeo
durante unha videochamada feita dende
o seu dispositivo.
Imaxe en videochamada — Se non se
envía o vídeo durante unha
videochamada, seleccione a imaxe que
desexa que se amose no seu lugar.
Rechamada automática — Permite
configurar o dispositivo para que realice
un máximo de 10 intentos para conectar
a chamada despois dun intento de
chamada sen éxito. Para deter a
rechamada automática, prema a tecla Fin.
Amosar duración cham. — Permite
amosar a duración dunha chamada
durante a mesma.
Resumo tras chamada — Permite
amosar a duración dunha chamada
despois da mesma.
Marcación rápida — Permite activar a
marcación rápida.
Calquera tecla responde — Permite
activar a resposta mediante calquera
tecla.
Liña en uso — Este axuste (servizo de
rede) só está dispoñible se a tarxeta SIM
admite dous números de subscritor, é
dicir, dúas liñas de teléfono. Seleccione
que liña de teléfono desexa utilizar para
facer chamadas ou enviar mensaxes de
texto. As chamadas de ámbalas dúas liñas
poden responderse sen ter en conta a liña
seleccionada. Se selecciona
Liña 2
e non
se subscribiu a este servizo de rede, non
poderá realizar chamadas. Cando se
selecciona a liña 2, na pantalla de inicio
aparece .
Cambio de liña — Permite impedir a
selección de liñas telefónicas (servizo de
rede), sempre que a tarxeta SIM admita
esta opción. Para cambiar este axuste,
necesita o código PIN2.
Busca de contactos — Permite activar a
busca de contactos na pantalla de inicio.