Introdución de texto tradicional
indica introdución de texto
tradicional.
e
indican letras maiúsculas e
minúsculas respectivamente.
indica
maiúscula ao inicio da oración, é dicir, a
primeira letra da oración escríbese en
maiúscula e o resto das letras escríbense
automaticamente en minúscula.
indica o modo numérico.
Para escribir texto co teclado, prema
varias veces unha tecla numérica do 2 ao
9 ata visualizar o carácter. Cada tecla ten
máis caracteres que os impresos nela. Se
a seguinte letra que desexa escribir está
na mesma tecla que a actual, espere ata
que apareza o cursor e escriba a letra.
Para introducir un número, prema e
manteña pulsada a tecla numérica.
Prema # para cambiar entre maiúsculas e
minúsculas e para cambiar os modos.
Para borrar un carácter, prema a tecla
Borrar. Prema e manteña pulsada a tecla
Borrar para borrar máis dun carácter.
Para introducir os signos de puntuación
máis comúns, prema varias veces 1 ata
que apareza o signo requirido
Para engadir caracteres especiais, prema
e manteña pulsado *.
Para inserir un espazo, prema 0. Prema
tres veces 0 para introducir un salto de
liña.