Entrada de texto preditivo
1 Para activar ou desactivar a entrada
de texto preditivo, prema
rapidamente a tecla # dúas veces. Con
isto actívase ou desactívase a entrada
de texto preditivo para todos os
editores do teléfono.
indica
que a entrada de texto preditivo está
activada.
2 Para escribir a palabra desexada,
prema as teclas 2-9. Prema cada tecla
unha vez por letra.
3 Cando acabe de escribir a palabra
correctamente, desprácese á dereita
para confirmala ou prema 0 para
engadir un espazo.
Se a palabra non é correcta, prema *
varias veces para ver as palabras
coincidentes do dicionario.
Se o carácter ? aparece despois da
palabra, significa que a palabra que
quería escribir non está no dicionario.
Para engadir unha palabra ao
dicionario, seleccione
Escribir
,
escriba a palabra (ata 32 letras)
mediante a entrada de texto
tradicional e seleccione
Aceptar
. A
palabra engadirase ao dicionario.
Cando o dicionario está cheo, a
palabra nova substitúe á palabra máis
antiga.
Escriba a primeira parte dunha palabra
composta; para confirmala, desprácese á
dereita. Escriba a segunda parte dunha
palabra composta. Para completar a
palabra composta, prema 0 para engadir
un espazo.