Dereitos de autor e outros avisos
© 2010 Nokia. Todos os dereitos reservados.
DECLARACIÓN DE CONFORMIDADE
Pola presente, NOKIA CORPORATION afirma que este produto
RM-576 cumpre cos requirimentos básicos e con outras
condicións relevantes da Directiva 1999/5/CE. Pódese
consultar unha copia da Declaración de conformidade na
páxina http://www.nokia.com/phones/
declaration_of_conformity/.
Nokia, Nokia Connecting People, Navi, OVI e o logotipo dos
accesorios orixinais de Nokia son marcas comerciais ou
marcas comerciais rexistradas de Nokia Corporation. Nokia
tune é unha melodía rexistrada de Nokia Corporation. O resto
de produtos e nomes de compañías mencionados neste
documento poden ser marcas comerciais ou nomes
comerciais dos seus respectivos propietarios.
A reprodución, transferencia, distribución ou almacenaxe de
todo ou parte dos contidos deste documento, de calquera
modo e sen o previo consentimento por escrito de Nokia está
prohibido. Nokia opera cunha política de desenvolvemento
continuo e resérvase o dereito a efectuar modificacións e
melloras en calquera dos produtos descritos neste
documento sen previo aviso.
Java and all Java-based marks are trademarks or registered
trademarks of Sun Microsystems, Inc.
Este produto concédese baixo a licenza MPEG-4 Visual Patent
Portfolio License (Licenza de carteira de patentes de vídeo
MPEG-4) (i) para o uso persoal con fins non comerciais en
Dereitos de autor e outros avisos 57
© 2010 Nokia. Todos os dereitos reservados.
ICNIRP para utilizar o dispositivo pegado á orella é de
6
1.0
relación cunha información codificada de acordo co estándar
de vídeo MPEG-4 por un consumidor que realiza unha
actividade persoal e non comercial e (ii) para o seu uso en
relación co vídeo MPEG-4 fornecido por un provedor de vídeo
con licenza. Deste xeito, non se outorga licenza nin se
autoriza ningún outro uso. É posible obter información
adicional de MPEG LA, LLC, incluída a información relacionada
cos usos promocionais, internos e comerciais. Para obter dita
información, visite a páxina http://www.mpegla.com.
NA MÁXIMA MEDIDA PERMITIDA POLA LEXISLACIÓN APLICABLE,
NIN NOKIA NIN NINGÚN DOS SEUS LICENZANTES SE
RESPONSABILIZARÁ BAIXO NINGUNHA CIRCUNSTANCIA DA
PERDA DE DATOS OU INGRESOS NIN DE NINGÚN DANO ESPECIAL,
INCIDENTAL, CONSECUENTE (LUCRO CESANTE) INDIRECTO,
INDEPENDENTEMENTE DA SÚA CAUSA.
OS CONTIDOS DESTE DOCUMENTO FORNÉCENSE "TAL CAL". SALVO
QUE ASÍ O ESIXA A LEI APLICABLE, NON SE OFRECERÁ NINGÚN
TIPO DE GARANTÍA, EXPRESA OU IMPLÍCITA, INCLUÍDA, PERO SEN
LIMITARSE A ELA, A GARANTÍA IMPLÍCITA DE COMERCIABILIDADE
E ADAPTACIÓN A UN PROPÓSITO CONCRETO CON RESPECTO Á
EXACTITUDE, FIABILIDADE E CONTIDO DESTE DOCUMENTO EN
CALQUERA MOMENTO SEN PREVIO AVISO. NOKIA RESÉRVASE O
DEREITO DE REVISAR OU RETIRAR ESTE DOCUMENTO EN
CALQUERA MOMENTO SEN PREVIO AVISO.
A enxeñería inversa do software do dispositivo está prohibida
na medida permitida pola lexislación aplicable. Na medida en
que esta guía de usuario contén limitacións nas
representacións, garantías, danos e responsabilidade de
Nokia, é moi probable que as limitacións mencionadas
limiten as representacións, as garantías e os danos e
responsabilidades dos outorgantes de licenza de Nokia.
A dispoñibilidade de aplicacións, produtos e servizos
concretos pode variar segundo a rexión xeográfica. Póñase
en contacto co seu distribuidor Nokia para coñecer os detalles
e a dispoñibilidade dalgúns idiomas. Este dispositivo pode
conter elementos, tecnoloxía ou software suxeitos á
lexislación de exportación e ás normativas dos Estados
Unidos e doutros países. Queda prohibida calquera alteración
contraria ás disposicións da lexislación correspondente.
AVISO DO INDUSTRY CANADA/FCC
É posible que o dispositivo provoque interferencias nos
televisores ou aparatos de radio (por exemplo, se utiliza un
teléfono preto dun equipo receptor). É posible que a FCC ou
Industry Canada esíxanlle que deixe de utilizar o teléfono no
caso de que non se poidan eliminar as mencionadas
interferencias. Se necesita asistencia técnica, póñase en
contacto co centro de servizo técnico local. Este dispositivo
cumpre coa sección 15 do regulamento da FCC. O seu
funcionamento está suxeito ás dúas condicións seguintes: (1)
Este dispositivo non debe provocar interferencias perigosas
e (2) este dispositivo debe aceptar as interferencias recibidas,
incluídas as que provoquen un funcionamento non desexado.
Calquera cambio ou modificación que non se aprobe de xeito
expreso por Nokia podería anular a autorización do usuario
para utilizar este equipo.
GL
58 Dereitos de autor e outros avisos
© 2010 Nokia. Todos os dereitos reservados.
/Edición 3 .0