
Permanecer conectado cos seus
amigos en liña
Pode sincronizar a información de
contacto do seu dispositivo con contactos
que ten nos servizos de redes sociais.
Cando permita a sincronización, poderá
ver a información do perfil dos seus
contactos, como as súas imaxes e
actualizacións de estado na aplicación de
Contactos do seu dispositivo.
Sincronizar os seus contactos e recuperar
as actualizacións de estado son servizos
de rede. É posible que se apliquen tarifas
pola itinerancia e transferencia de datos.
Se o servizo de rede social non está
dispoñible ou non funciona
correctamente, é posible que non poida
sincronizar ou recuperar actualizacións de
estado.
Para comezar a sincronizar os seus
contactos, vaia aos axustes da aplicación
de rede social do seu dispositivo,
seleccione un punto de acceso e axuste a
frecuencia da sincronización automática.
Para desactivar a conexión entre
Contactos e o servizo de rede social, na
aplicación do servizo de rede social do seu
dispositivo, desmarque a caixa de
verificación Activar.
Esta función pode non estar dispoñible en
certas rexións.
Contactos 27
© 2010 Nokia. Todos os dereitos reservados.