Transferir o contido desde outro
dispositivo
Seleccione >
Axustes
>
Conectivid.
>
Cambio
.
Coa aplicación Cambio, pode transferir
contido como contactos, entre dous
dispositivos Nokia compatibles.
O tipo de contido que se pode transferir
depende do modelo do dispositivo dende
o que desexe transferir contido. Se o outro
dispositivo admite a sincronización,
tamén será posible sincronizar datos
entre o outro dispositivo e o seu
dispositivo. O dispositivo notifícalle se o
outro dispositivo non é compatible.
Se o outro dispositivo non se pode
acender sen unha tarxeta SIM, pode inserir
a súa tarxeta SIM nel. Ao acender o
dispositivo sen unha tarxeta SIM, o perfil
Desconectado actívase automaticamente.
Transferir contido
Para recuperar datos dende o outro
dispositivo por primeira vez:
1 Seleccione o tipo de conexión que
desexa utilizar para transferir os
datos. Ámbolos dous dispositivos
deben admitir o tipo de conexión
seleccionado.
2 Seleccione o dispositivo dende o que
desexa transferir contido. O teléfono
solicitaralle que insira un código no
seu dispositivo. Insira un código
(entre 1 e 16 díxitos) e seleccione
Aceptar
. Insira o mesmo código no
outro dispositivo e seleccione
Aceptar
. Os dispositivos están agora
vinculados.
Nalgúns modelos, a aplicación
Cambio envíase ao outro dispositivo
como unha mensaxe. Para instalar a
aplicación Cambio no outro
dispositivo, abra a mensaxe e siga as
instrucións.
3 Dende o seu dispositivo, seleccione o
contido que desexe transferir dende o
outro dispositivo.
O contido transfírese da memoria do
outro dispositivo á situación
correspondente no seu dispositivo.
O tempo de transferencia depende da
cantidade de datos que se teñan que
transferir. Pode cancelar a transferencia e
continuar máis tarde.
A sincronización é bidireccional e os datos
nos dous dispositivos son os mesmos. Se
un elemento se elimina dun dispositivo,
bórrase no outro ao sincronizar; non pode
recuperar os elementos eliminados coa
sincronización.
Para ver o rexistro da última
transferencia, seleccione un acceso
directo na vista principal e
Opcións
>
Ver
rexistro
.