
Vinculación de dispositivos
Seleccione >
Axustes
>
Conectivid.
>
Bluetooth
.
Abra a ficha de dispositivos vinculados.
Antes de vincular, pense o seu propio
código (1-16 díxitos) e acorde utilizar o
mesmo código co usuario do outro
dispositivo. Os dispositivos sen interface
de usuario teñen un código fixo. Só
precisa o código ó conectar os dispositivos
por primeira vez. Despois da vinculación
pódese autorizar a conexión. A
vinculación e autorización da conexión
fan que esta sexa máis rápida e sinxela, xa
que non terá que aceptar a conexión entre
dispositivos vinculados cada vez que
estableza a conexión.
O código dun acceso remoto SIM debe ter
16 díxitos.
1 Seleccione
Opcións
>
Novo disposit.
vinculado
. O dispositivo comeza a
buscar dispositivos Bluetooth ó
alcance. Se enviou datos usando
Bluetooth anteriormente, amosarase
unha lista cos resultados das buscas
anteriores. Para buscar máis
dispositivos Bluetooth, seleccione
Máis dispositivos
.
2 Seleccione o dispositivo co que
desexa establecer a vinculación e
insira o código. O mesmo código
débese inserir tamén no outro
dispositivo.
50 Conectividade
© 2010 Nokia. Todos os dereitos reservados.

3 Seleccione
Si
para facer unha
conexión entre o seu dispositivo e
outro automaticamente, ou
Non
para
confirmar a conexión manualmente
cada vez que se tente establecer unha
conexión. Despois da vinculación, o
dispositivo memorizarase na páxina
de dispositivos vinculados.
Para asignar un alcume ao dispositivo
vinculado, seleccione
Opcións
>
Asignar
nome curto
. O alcume amosarase só no
seu dispositivo.
Para borrar unha vinculación, seleccione o
dispositivo do que quere borrar a
vinculación e
Opcións
>
Borrar
. Para
borrar todas as vinculacións, seleccione
Opcións
>
Borrar todos
. Se cancela a
vinculación cun dispositivo co que está
actualmente conectado, a vinculación
eliminarase inmediatamente e a conexión
rematará.
Para permitir que un dispositivo vinculado
se conecte automaticamente ao seu
dispositivo, seleccione
Fixar como
autorizado
. As conexións entre o seu
dispositivo e outros dispositivos pódense
facer sen o seu coñecemento. Non é
necesaria unha aceptación ou
autorización por separado. Use este
estado para os seus propios dispositivos,
coma o seu auricular ou ordenador
compatibles, ou dispositivos que
pertenzan a xente na que vostede confíe.
Se desexa aceptar as peticións de
conexión dos outros dispositivos
individualmente cada vez, seleccione
Fixar non autorizado
.
Para empregar un accesorio de audio
Bluetooth coma un mans libres ou un
auricular Bluetooth, terá que vincular o
seu dispositivo co accesorio. Para
información verbo do código e máis
instrucións, consulte a guía de usuario de
accesorios. Para conectar cun accesorio de
audio, conecte o accesorio. Algúns
accesorios de audio conéctanse
automaticamente ao seu dispositivo. Se
non, abra a ficha de dispositivos
vinculados, seleccione o accesorio e
Opcións
>
Conec. con dispos. audio
.