
Enviar e recibir datos con Bluetooth
Seleccione >
Axustes
>
Conectivid.
>
Bluetooth
.
1 Cando activa a conexión Bluetooth
por primeira vez, solicítaselle que
defina un nome para o seu
dispositivo. Póñalle un nome único ao
dispositivo para que sexa doado
recoñecelo se hai varios dispositivos
Bluetooth.
2 Seleccione
Bluetooth
>
Activado
.
3 Seleccione
Visibilid. do meu
teléfono
>
Amosado a todos
ou
Definir período
. Se selecciona
Definir período
, terá que definir o
tempo durante o cal o seu dispositivo
é visible para outros. O seu dispositivo
e o nome que lle puxo poden ser vistos
agora por outros usuarios que posúan
dispositivos equipados con
tecnoloxía Bluetooth.
4 Abra a aplicación onde se garda o
elemento que desexa enviar.
5 Seleccione un elemento e
Opcións
>
Enviar
>
Por Bluetooth
. O
dispositivo busca dentro do seu
Conectividade 49
© 2010 Nokia. Todos os dereitos reservados.

alcance outros dispositivos Bluetooth
e lístaos.
Suxestión: Se enviou datos usando
Bluetooth anteriormente, amosarase
unha lista cos resultados das buscas
anteriores. Para buscar máis
dispositivos Bluetooth, seleccione
Máis dispositivos
.
6 Seleccione o dispositivo co que
desexa conectar. Se o outro
dispositivo realiza unha petición de
vinculación para poder transferir os
datos, pediráselle que insira un
código.
Cando se establece a conexión, amósase a
mensaxe
Enviando datos
.
O cartafol Enviados da aplicación
Mensaxería non almacena mensaxes
enviados por medio de Bluetooth.
Para recibir datos usando a conectividade
Bluetooth, seleccione
Bluetooth
>
Activado
e
Visibilid. do meu
teléfono
>
Amosado a todos
para
recibir datos dun dispositivo non
vinculado ou
Oculto
para recibir datos só
dende un dispositivo vinculado. Cando
recibe datos por Bluetooth, dependendo
dos axustes dun perfil activo, escóitase un
son e pregúntaselle se quere aceptar a
mensaxe na que se inclúen os datos. Se
acepta, a mensaxe gardarase no cartafol
da Caixa de entrada da aplicación
Mensaxería.
Suxestión: Pode acceder aos ficheiros
gardados no dispositivo ou na tarxeta de
memoria utilizando un accesorio
compatible co servizo File Transfer Profile
Client (por exemplo, un ordenador
portátil).
A conexión Bluetooth remata
automaticamente despois do envío ou
recepción de datos. Só Nokia Ovi Suite e
algúns accesorios, como por exemplo
auriculares, poden manter unha conexión
aínda que non se estean a utilizar.