Acerca de Bluetooth
A tecnoloxía Bluetooth posibilita as
conexións sen fíos entre dispositivos
electrónicos nun espazo de 10 metros. A
conexión Bluetooth pódese empregar
para enviar imaxes, vídeos, texto, tarxetas
de visita, notas da axenda, ou para
conectarse sen fíos a dispositivos que
utilicen a tecnoloxía Bluetooth.
Dado que os dispositivos que empregan a
tecnoloxía Bluetooth utilizan ondas de
radio, o seu dispositivo e os outros
dispositivos non precisan estar
apuntando os uns cara aos outros. Os dous
dispositivos só precisan estar a unha
distancia máxima de 10 metros, aínda que
a conexión pode estar suxeita a
interferencias de obstrucións coma
paredes ou dispositivos electrónicos.
Pódense activar varias conexións
Bluetooth á vez. Por exemplo, se o seu
dispositivo está conectado a un auricular,
tamén pode transferir ficheiros a outros
dispositivos compatibles á vez.
O dispositivo é compatible coa
especificación Bluetooth 2.0 + EDR que
admite os seguintes perfís: Distribución
de son avanzada, control remoto de son/
vídeo, tratamento básico de imaxes,
impresión básica, ID do dispositivo,
conexión á rede por liña conmutada,
transferencia de ficheiros, distribución de
son xenérica, intercambio de obxectos
xenérico, mans libres, dispositivo de
interface humana, envío de obxectos,
acceso á axenda de teléfonos, porto de
serie e acceso á SIM. . Para asegurar a
interoperabilidade con outros
dispositivos que dispoñan de tecnoloxía
Bluetooth, utilice accesorios Nokia
homologados para este modelo. Póñase
en contacto cos fabricantes dos outros
dispositivos para obter información sobre
a compatibilidade con este dispositivo.
As funcións que utilizan a tecnoloxía
Bluetooth aumentan o consumo de
enerxía e reducen a duración da batería.