Modo panorámico
Seleccione >
Cámara
.
Seleccione o modo panorámico na
barra de ferramentas.
1 Para facer a primeira foto, prema o
botón disparador.
2 Xire de vagar o dispositivo cara á
esquerda ou á dereita da maneira que
indican as frechas.
A pantalla amosa unha vista previa
panorámica e a cámara fai unha foto
mentres xira a cámara. A frecha verde
indica que pode comezar a xirar a
cámara lentamente. O símbolo de
pausa vermello indica que se debe
deter ata que a frecha verde apareza
de novo. O seguinte marco é
capturado cando o rectángulo
vermello se despraza cara ao centro
da vista previa.
3 Para completar a foto, seleccione
Deter
. A foto panorámica detense
automaticamente cando se alcanza a
anchura máxima da foto. Lembre que
o dispositivo pode tardar algún
tempo en procesar a foto.