
Facer fotos
Cando realice a captura dunha imaxe, teña
en conta o seguinte:
•
Utilice as dúas mans para evitar que a
cámara se mova.
•
A calidade das imaxes sobre as que se
aplicou o zoom dixital é inferior á das
imaxes sobre as que non se aplicou.
•
A cámara pasa ao modo de aforro de
enerxía unha vez transcorrido
aproximadamente un minuto de
inactividade.
•
Manteña unha distancia de
seguridade cando utilice o flash. Non
utilice o flash para tomar imaxes de
persoas ou animais situados a pouca
distancia. Non cubra o flash durante a
toma de imaxes.
1 Para pasar do modo de vídeo ao de
imaxe, seleccione .
2 Para fixar o enfoque nun obxecto,
prema ata a metade a tecla Capturar
(non dispoñible nos modos de paisaxe
ou de deporte). Amósase un indicador
verde de enfoque fixado. Se non se
fixou o enfoque, amosarase un
indicador amarelo de enfoque. Solte a
Cámara 23
© 2010 Nokia. Todos os dereitos reservados.

tecla Capturar e prémaa de novo ata a
metade. Ademais, pode capturar
unha imaxe sen fixar o enfoque.
3 Prema a tecla de captura. Non mova o
dispositivo antes de que se garde a
imaxe e se amose a imaxe final na
pantalla.
Capturar imaxes coa cámara
secundaria
1 Seleccione
Opcións
>
Usar cámara
secundaria
.
2 Para capturar unha imaxe, seleccione
Capturar
. Non mova o dispositivo
antes de que se garde a imaxe e se
amose a imaxe final na pantalla.
Ampliar ou reducir unha imaxe
durante a captura
Empregue as teclas do zoom.
Deixar a cámara aberta en segundo
plano e utilizar outras aplicacións
Prema a tecla de menú. Para volver á
cámara, manteña premida a tecla
Capturar.