Seguridade do dispositivo e da tarxeta
SIM
Seleccione >
Axustes
>
Axustes
>
Xeral
>
Seguridade
.
Para cambiar o código PIN, seleccione
Teléfono e tarxeta SIM
>
Código PIN
. O
novo código debe ter entre 4 e 8 díxitos.
O código PIN protexe a tarxeta SIM contra
o uso non autorizado e vén subministrado
coa tarxeta SIM. Se insire o código PIN de
xeito incorrecto tres veces consecutivas, o
código bloquearase e necesitará o código
PUK para desbloquealo antes de poder
utilizar de novo a tarxeta SIM.
Se desexa que o teclado se bloquee
automaticamente despois dun período
definido, seleccione
Teléfono e tarxeta
SIM
>
Temp. bloq. autom. tecl.
.
Para definir un tempo de espera despois
do cal o dispositivo se bloquea
automaticamente e só se poida utilizar se
introduce o código de bloqueo correcto,
seleccione
Teléfono e tarxeta SIM
>
Tempo bloq. autom. tlf.
. Introduza o
período de espera en minutos, ou
seleccione
Ningún
para desactivar a
función de autobloqueo. Aínda que o
dispositivo estea bloqueado, é posible
responder a chamadas e facer chamadas
ao número de emerxencia oficial
programado no dispositivo.
42 Axustes
© 2010 Nokia. Todos os dereitos reservados.
Para cambiar o código de bloqueo,
seleccione
Teléfono e tarxeta SIM
>
Código de bloqueo
. O código de bloqueo
predeterminado é 12345. Introduza o
código actual e despois o novo código
dúas veces. O novo código debe ter entre
4 e 255 caracteres. Pódense usar
caracteres alfanuméricos (maiúsculas e
minúsculas). O dispositivo notifícalle se o
código de bloqueo non está formatado
axeitadamente.