Asistencia técnica
Se desexa máis información acerca do uso
do seu produto, ou se non está seguro do
funcionamento do seu teléfono, consulte
as páxinas de axuda en www.nokia.com/
support, o sitio web de Nokia para o seu
país, www.nokia.mobi/support (dende
un teléfono móbil), a aplicación Axuda do
dispositivo ou a guía do usuario.
Se así non se resolve o seu problema, tente
unha das seguintes opcións:
•
Reinicie o teléfono: apague o teléfono
e retire a batería. Pasado un minuto,
volva a colocar a batería e acenda o
teléfono.
•
Restableza a configuración orixinal de
fábrica do modo indicado na guía de
usuario. Eliminaranse os seus
documentos e ficheiros no
restablecemento, así que faga
primeiro unha copia de seguridade
dos seus datos.
•
Actualice o software do seu
dispositivo con regularidade para
obter un rendemento óptimo e
posibles funcións novas, como se
explica na guía de usuario.
Se continúa sen resolverse o problema,
póñase en contacto con Nokia para obter
información acerca doutras opcións de
reparación. Consulte www.nokia.com/
repair. Antes de enviar a amañar o
teléfono, lembre facer unha copia de
seguridade dos datos do teléfono.