Actualizacións de software polo aire
Seleccione >
Axustes
>
Xest.
datos
>
Actuali. soft.
.
Con Software update (servizo de rede)
pódese comprobar se hai actualizacións
dispoñibles para o software ou as
aplicacións do dispositivo e descargalas e
instalalas no dispositivo.
A descarga de actualizacións de software
pode implicar a transmisión de grandes
cantidades de datos (servizo de rede).
Asegúrese de que a batería do dispositivo
dispoña de carga suficiente ou conecte o
cargador antes de iniciar a actualización.
Aviso:
Se instala unha actualización de software,
non poderá utilizar o dispositivo, nin
sequera para efectuar chamadas de
emerxencia, ata completar a instalación e
reiniciar o dispositivo. Asegúrese de
efectuar unha copia de seguridade dos
datos antes de aceptar a instalación
dunha actualización.
Despois de actualizar o software ou as
aplicacións do dispositivo mediante
Software update, é posible que as
instrucións relacionadas coas aplicacións
actualizadas da Guía do usuario ou das
axudas non estean actualizadas.
Seleccione
Opcións
e entre as seguintes:
Iniciar actualización — Permite
descargar as actualizacións dispoñibles.
Para deseleccionar as actualizacións que
non quere descargar, seleccióneas na
lista.
Actualización vía o PC — Permite
actualizar o dispositivo cun PC. Esta opción
substitúe a opción Iniciar actualización
cando as actualizacións só están
dispoñibles ao utilizar a aplicación Nokia
Software Updater PC.
6
Axuda
© 2010 Nokia. Todos os dereitos reservados.
Ver detalles — Permite ver información
dunha actualización.
Ver historial actualiz. — Permite
visualizar o estado das actualizacións
anteriores.
Axustes — Permite cambiar axustes,
como o punto de acceso predeterminado
utilizado para descargar actualizacións.
Renuncia — Permite visualizar o acordo
de licenza de Nokia.